Complexo de Electra:
éste cuadro psicolóxico debe o seu nome a Electra, filla de Agamenón, rei de Argos
(que foi asasinado pola súa infiel esposa
Clitemnestra e o amante desta), deu
morte á súa mai por terlle arrebatado ao pai.
Segundo as
doctrinas psicoanalíticas de Freud, todas as mulleres experimentan
esta actitude coa súa mai, durante a infancia. Implica unha
identificación tan completa coa mai que a nena desexa, inconscientemente, eliminala
e poseer ao pai.
Sentirse,
estar ferido por
Cupido: Expresamos así a idea de estar enamorado porque Cupido é o deus do
Amor, identificado co Eros dos gregos
e fillo de Venus. Era un fermoso
neno alado, cun arco e unha alxaba de frechas coas que atravesa os corazóns, provocando o sentimento
do amor.
Enfermedade venérea: Estas enfermedades son
producidas polo contacto físico nas relacións amorosas-sexuais.A deusa Venus chamábase en latín Venus, Vener- is, raíz da que proven
este adxectivo. A máis recente e peligrosa é o SIDA, pero existen
outras coma a gonorrea ou a
sífilis.
Erótic-o,-:
É un adxectivo derivado de Eros, deus grego do amor. Diferénciase de Cupido, porque erótico ten que ver co amor carnal e Cúpido relaciónase co sentimento do amor.
Dionisíac-o,-a: Dionisios, deus grego do viño, tiña moitos
seguidores que organizaban grandes festas en varias cidades de Grecia. Nestas festas bebíase en exceso o que levou ao senado a suspendelas. Era o máis parecido aos actuais botellóns.
Cantábanse uns himnos
chamados ditirambos, a partir dos que se cre nacería,
con un grao maior de elaboración, o teatro.
Filípica: Enténdese por filípica, un discurso violento contra alguén ou unha represión pública,
extensa e violenta e chámase así polos famosos
discursos pronunciados polo mellor orador da antigüidade grega, Demóstenes contra Filipo II (382-36 A. C.), rei
de Macedonia (pai de Alexandre Magno) polas súas campañas contra as cidades-estado gregas. Aínda que foi un xenio militar, non se valeu da
fuerza cando puido conseguir os seus
propósitos mediante a habilidade.
Ter unha forza hercúle-a(-)o: Expresamos
desta maneira a idea de que
alguén ten unha forza extraordinaria pois Hércules, heroe da mitoloxía clásica, representábase
cunha forza sobrenatural,
afrontando numerosas probas, entre elas os doce
famosos traballos
impostos polo oráculo de Delfos polo asesinato
dos seus propios fillos.
Lesbiana: A illa de Lesbos (griego
Λέσβος, Lésvos) forma parte dunha
gran cobertura de illas cercanas ála costa de Turquía
(no mar
Exeo). A súa capital é Mitilene.
Constitúe xunta con algunhas illas menores a prefectura de Lesbos. É famosa por
ser a patria da poetisa da antigüidade Safo, nos seus poemas
describía un amor apaixoado hacia as súas compañeiras, isto convertiuna nun símbolo do amor entre mulleres, polo que comunmente se considera que o termo lesbianismo
proven do nome desta illa. Por outra parte, o xentilicio dos illeiros é lesbio e lesbia.
Maratoniano: A maratón é a proba
pedestre máis
longa (42,192 m) e unha das máis
simbólicas e importantes nos Xogos Olímpicos. Denominouse así a esta proba en honor de Filípides, correo ateniense que no ano 490 a. C., marchou dende Maratón a Atenas, nun só día, para anunciar a
victoria grega de Milcíades
sobre os exércitos persas invasores. Segundo a
tradición, o soldado caeu morto,
víctima da fatiga, tan pronto como comunicou a nova. Hoxe aplícase este adxectivo a todo o que requira un
traballo intenso ou de moi longa duración.
Mecenas: persoa ou empresa que patrocina actividades artísticas, científicas, culturais,... Foi Gaius Cilnius Maecenas ( 70-8 a. C.aproximadamente), un noble romano de orixe etrusco, confidente e conselleiro político de Augusto. Foi un importante impulsor das artes, protector de xoves talentos da poesía e amigo de destacados autores como Virxilio, quen escribeu as súass Xeórxicas na súa honra e Horacio ao que descubreu (e ao que chegou a obsequiar cunha finca ubicada nas montañas Sabinas).
Morfina:
Na mitoloxía grega, Morfeo, fillo da Noite, era considerado deus do soño.
El deu orixe ao termo morfina, substancia
tóxica extraída do opio que ten coma propiedades, entre outras,
a somnolencia
e o relaxamento.
Narcisista: Narciso, segundo
a mitoloxía grega, era un xove extraordinariamente fermoso,
aínda que incapaz de experimentar a emoción d amor. A
ninfa Eco consumeuse
de pena ao non ser correspondida por el, e dela só quedou
a voz. Némesis, responsabilizou a Narciso do fatal
destino de Eco e castigouno. Cando bebía nunha fonte, Narciso veu a súa imaxe reflexada na auga
e namorou da súa propia fermosura. Tan intenso
foi aquel amor que votou
raíces na beira e transformouse nunha flor do seu mesmo nome.
Quen padece de
narcisismo acusa unha introversión da personalidade, que se manifesta nun amor dirixido cara a un mesmo ou cara ao
ideal dun mesmo. Tamén indica satisfacción dun mesmo, complacencia excesiva no valor ou
nas obras propias.
Ninfómana:
As Ninfas eran deusas da natureza
que poboaban mares, ríos, rocas,...As ninfas, mulleres
dunha beleza excepcional, representábanse
a medio vestir ou desnudas. Eran fillas
de Zeus e do Ceo. A chuvia que facía
caer o deus, brotaba nas fontes
e dáballes a vida. Atribuíaselles
unha forza natural que
presidía a reproducción e fecundidade da natureza, e que exercían mesturándose coa humidade do
aire, da auga e dos bosques. Eran como fadas que
vivían despreocupadas fiando e cantando sobre as
ondas e as árbores. Eran mortais
pero vían moitos anos. Clasificábanse en: Océanidas,
ninfas do océano; Nereidas, ninfas do mar (Mediterráneo); Náiades,
ninfas dos ríos; Oréades, ninfas das montañas,... Este adxectivo aplícase na ciencia médica co significado
de esaxeración patolóxica do
apetito sexual na muller.
Odisea: A Odisea é o segundo
dos grandes poemas épicos de Homero. Relata en 24 libros as aventuras do heroe grego Ulises, un dos principais xefes helenos durante a Guerra de Troia. O poema comeza dez anos despois da caída de Troia e
relata os avatares de Ulises de regreso a Ítaca. En alusión a ese
gran poema, Odisea, indica una gran viaxe, abondosa en
aventuras, ou tamén o conxunto de feitos heroicos ou extravagantes realizados por un personaxe.
Pánico: É un término originado de Pan, dios de los pastos,
bosques y rebaños. Es descrito como hijo de Hermes. Las obras de arte antiguas
lo representaban con cuernos, barba y pies de cabra, cabellera hirsuta, nariz
corva, orejas puntiagudas
y rabo. A veces se aparecía a los viajeros sobrecogiéndolos de súbito pavor.
Se le llama Pánico al pavor súbito multitudinario causado por
algún hecho imprevisto.
Pigmalión: Rei de Chipre e reputado escultor, durante moito tempo dedicado ao celibato,
enamorouse dunha estatua
femenina, que el mismo creara. Un día, suplicoulle a
Afrodita que lle dera unha muller que se parecera á súa obra. A deusa deu vida á estatua e
Pigmalión puido desposar a Galatea, a quen, en certo modo, creara. Desta unión naceu Pafos, fundador da cidade
chipriota que leva este nome, onde construiron máis tarde un célebre santuario en honra de Afrodita.
O mito é o do artista namorado da súa
creación á que sabe dar vida mediante o cicel, a
pluma ou ben o pincel, inspirou
a moitos artistas, escritores e escultores,
principalmente a Ovidio, na súas
Metamorfosis.
Varias obras musicales tomaron o tema de Pigmalión. Jean-Jacques Rousseau escribeu parte dunha ópera, Pygmalion, representada en París en 1775, e Cherubini evocou a este escultor mítico nunha
ópera que leva o seu nome e
que se representó en París en 1804. Girodet, célebre
pintor francés de principios do século XIX, pintou un cuadro titulado Pigmalión e Galatea. Medio
século antes, o escultor Falconet
tallara en mármol un grupo que representaba a Pigmalión ao
pé da estatua que toma vida.
No século XX, George Bernard Shaw, célebre escritor
inglés, creou a partir deste
tema unha obra de teatro, escrita en Londres en 1912 e
representada en París en 1923. Shaw, humorísticamente, tomou
algunhas libertades co
mito: a comedia, que é unha sátira social, representa
a un preceptor que enseña a unha florista a
pronunciar ben, é dicir, a pronunciación da clase
alta. Ten tanto éxito que a alumna, ao transformarse,
supera ao maestro. Vimos esta obra levada ao cine en My Fair Lady,
conocida en castellano como Mi bella dama (Argentina), un musical.adaptación de Alan Jay
Lerner e Frederick Loewe, cunha maravillosa interpretación de Audrey Hepburn e
Rex Harrison O sentimento amoroso que une a ambos é moi ambiguo, xa que plantexa o problema do artista máis
namorado da súa creación
que da criatura.
Pigmalión, coma un gran número de personaxes dos
grandes mitos, entrou na linguaxe da vida cotidiá, como
Tántalo ou Narciso. Un Pigmalión é un artista namorado dunha criatura nacida da
súa imaxinación ou dunha persoa
que desexa moldear.
Pírric-o,-a:
Deriva de
Pirro, rei de Epiro. Foi
elevado ao trono no 295 a. C. Participou
na guerra contra Roma en apoio
de Tarento. No 279 obtuvo unha costosa victoria en
Ascoli; de aí frase “victoria pírrica”. Despois
de continuas guerras, foi derrotado polos romanos en Benavento (275 a.C.). Asesinado en Argos por unha muller, que deixou caer una tella sobre a súa cabeza.
Aplícase o término“pírrico cando despois de moito
loitar o resultado é estéril ou ben, consíguese unha victoria escasa.
Quimera:
Emprégase este vocablo para
designar
un desvarío, un producto absurdo da imaxinación
ou unha idea irrealizable. Como
Cerbero e moitos monstruos, esta era o resultado da
unión do monstruo Equidna e de Tifón. Tiña a cabeza de león ou
cabra e a cola de dragón. Aterrorizaba ás xentes dos arredores, vomitando lume e devorando a todos os seres humanos que tiñan a
desgracia de atopala. Teméndoa
o rei de Licia pediu a Beleforonte que liberara o seu
reino desa praga.Beleforonte,
montado sobre Pegaso, atravesou a Quimera cunhas frechas de chumbo; co ardor das lapas que o monstruo emitía, o chumbo derreteu e así pereceu queimada.
Sibarita: Unha das máis importantes colonias gregas na Magna Grecia, Sýbaris
(Σύβαρις) foi fundada hacia o ano 720 a. C.
polos aqueos
procedentes de Hélice
(en Acaia) e de Trezena (na Argólida), nunha gran chaira
pantanosa pero fértil. Logrou un certo
esplendor, sendo famosos os seus
habitantes, os sibaritas, pola súa
dedicación ao luxo e á vida reposada. Este término quedou para designar ás persoas amantes de placeres exquisitos. A cidade llegou a ter 300.000
habitantes.
Comerciaba
con Mileto e cos etruscos
e de camiño foi tan rica,
que pasou a ser lendaria. Os
sibaritas foron coñecidos pola súa aversión ao traballo, e a súa molicie. Chegaron a prohibir
que se estableceran ferreiros,
nin calderieros, nin siquiera animais. Din que os nenos eran vestidos con
traxes púrpuras e os seus longos cabelos eran atados con cordas de
ouro.
Ao pouco tempo fundouse Crotona cerca da primeira. Hacia o ano
510 a. C.
a cidade entrou en guerra
con Crotona, e Síbaris foi
destruida. Incluso desviaron o río Crati (que rodeaba a
ciudade xunto co Coscile) para asolagala e evitar que a cidade fora reconstruida.
O supervivintes intentaron refundala
varias veces. Sen embargo hacia 444 a. C.,
co apoio de Pericles, de Atenas, fundouse a cidade de Turios (Θούριοι,
Thourioi) nas proximidades.
Aníbal
destruiuna de novo no 204 a. C.
por apoiar a Roma durante as Guerras
Púnicas, para ser refundada co nome de Copiæ, no 194 a. C.
aínda que pronto retomou o seu nome anterior. Esta última cidade existeu até a Idade Media.
Talón
de Aquiles: Aquiles, fillo de Tetis e de Peleo, rei dos mirmidóns, foi o máis famoso dos heroes griegos da Ilíada. Dise
que, por mergullalo a súa mai na laguna Estixia, era
invulnerable, excepto no talón, que servira para sostelo. Matou a Héctor no sitio
de Troia, pero foi
mortalmente ferido no talón por unha
frecha envelenada lanzada
por Paris. O nome de Aquiles chegou
a ser en todas las linguas a personificación do
valor.
O tendón de Aquiles, en anatomía, é o ligamento que conecta os músculos
do papo da perna co talón. Se aplica tamén esta expresión para dar a entender a vulnerabilidade física ou moral dunha persoa.
Titánico:
Adxectivo derivado dos Titanes, fillos de Urano e Xea. Alzándose
en rebeldía contra seu pai,
arrebatáronlle
a hexemonía do ceo otorgándolla
a Cronos. Este casou coa súa
irmá Rea. Pero os fillos,
acaudillados por Zeus, levantáronse en armas contra el
e os outros Titanes. O campo de batalla foi Tesalia. Zeus saleu vencedor,
botando as vencidos Titanes nas profundidades do Tártaro.
Na actualidade a expresión Titán é sinónimo de forte.
A unha persoa chámaselle titán polas
obras que emprende; ou ben fálase
dunha obra titánica, cando
esta supón grandes esforzos.
Vulcanizado:
Orixinado a partir de Vulcano, deus do lume,
segundo a mitoloxía romana. Foi,
pola súa coxeiera, o branco de todas as burlas do Olimpo. A súa mai, por xenreira,
botouno do ceo. Viveu dende entón, durante nove anos, no
fondo do océano coas deidades mariñas. Fixo moitas maravillas como a
armadura de Aquiles.
A vulcanización é o tratamento de diversas materias por acción do lume, coma un neumático.