Complexo de Electra: éste cuadro psicolóxico debe o seu nome a Electra, filla de Agamenón, rei de Argos (que foi asasinado pola súa infiel esposa Clitemnestra e o amante desta), deu morte á súa mai por terlle arrebatado ao pai.
Segundo as doctrinas psicoanalíticas de Freud,  todas as mulleres experimentan esta actitude coa súa mai, durante a infancia. Implica unha identificación tan completa coa mai que a nena desexa, inconscientemente, eliminala e poseer ao pai.

 
Sentirse, estar ferido por Cupido: Expresamos así a idea de estar enamorado porque Cupido é o deus do Amor, identificado co Eros dos gregos e fillo de Venus. Era un fermoso neno alado, cun arco e unha alxaba de frechas coas que atravesa os corazóns, provocando o sentimento do amor.


Enfermedade venérea: Estas enfermedades son producidas polo contacto físico nas relacións amorosas-sexuais.A deusa Venus chamábase en latín Venus, Vener- is, raíz da que proven este adxectivo. A máis recente e peligrosa é o SIDA, pero existen outras coma a gonorrea ou a sífilis.

Erótic-o,-: É un adxectivo derivado de Eros, deus grego do amor. Diferénciase de  Cupido, porque erótico ten que ver co amor carnal e Cúpido relaciónase co sentimento do amor.


Dionisíac-o,-a: Dionisios, deus grego do viño,  tiña moitos seguidores que organizaban grandes festas en varias cidades de Grecia. Nestas festas bebíase en exceso o que levou ao senado a suspendelas. Era o máis parecido aos actuais botellóns. Cantábanse uns himnos chamados ditirambos, a partir dos que se cre nacería, con un grao maior de elaboración, o teatro.

Filípica: Enténdese por filípica, un discurso violento contra alguén ou unha represión pública, extensa e violenta e chámase así polos famosos discursos pronunciados polo mellor orador da antigüidade grega,  Demóstenes contra  Filipo II (382-36 A. C.), rei de Macedonia (pai de Alexandre Magno) polas súas campañas contra as cidades-estado gregas. Aínda que foi un xenio militar, non se valeu da fuerza cando puido conseguir os seus propósitos mediante a habilidade.
Ter unha forza hercúle-a(-)o: Expresamos desta maneira a idea de que alguén ten unha forza extraordinaria pois  Hércules, heroe da mitoloxía clásica, representábase cunha forza sobrenatural, afrontando numerosas probas, entre elas os doce famosos traballos  impostos polo oráculo de Delfos polo asesinato dos seus propios fillos.

Lesbiana: A illa de Lesbos (griego Λέσβος, Lésvos) forma parte dunha gran cobertura de illas cercanas ála costa de Turquía (no mar Exeo). A súa capital é Mitilene. Constitúe xunta con algunhas illas menores a prefectura de Lesbos. É famosa por ser a patria da poetisa da antigüidade Safo, nos seus poemas describía un amor apaixoado hacia as súas compañeiras, isto convertiuna nun símbolo do amor entre mulleres, polo que comunmente se considera que o termo lesbianismo proven do nome desta illa. Por outra parte, o xentilicio dos illeiros é lesbio e lesbia.


Maratoniano: A maratón é a proba pedestre  máis longa (42,192 m) e unha das máis simbólicas e importantes nos Xogos Olímpicos. Denominouse así a esta proba en honor de Filípides, correo ateniense que no ano 490 a. C., marchou dende Maratón a Atenas, nun día, para anunciar a victoria grega de Milcíades sobre os exércitos persas invasores. Segundo a tradición, o soldado caeu morto, víctima da fatiga, tan pronto como comunicou a nova. Hoxe aplícase este adxectivo a todo o que requira un traballo intenso ou de moi longa duración.

Mecenas: persoa ou empresa que patrocina actividades artísticas, científicas, culturais,... Foi  Gaius Cilnius Maecenas ( 70-8 a. C.aproximadamente), un noble romano de orixe etrusco, confidente e conselleiro político de Augusto. Foi un importante impulsor das artes, protector de xoves talentos da poesía e amigo de destacados autores como Virxilio, quen escribeu as súass Xeórxicas na súa  honra e Horacio ao que descubreu (e ao que chegou a obsequiar cunha finca ubicada nas montañas Sabinas).  

Morfina: Na mitoloxía grega, Morfeo, fillo da Noite, era considerado deus do soño. El deu orixe ao termo morfina, substancia tóxica extraída do opio que ten coma propiedades, entre outras, a  somnolencia e o  relaxamento.


Narcisista: Narciso, segundo a mitoloxía grega, era un xove extraordinariamente fermoso, aínda que incapaz de experimentar a emoción d amor. A ninfa Eco  consumeuse de pena ao non ser correspondida por el, e dela quedou a voz. Némesis, responsabilizou a Narciso do fatal destino de Eco e castigouno.  Cando bebía nunha fonte, Narciso veu a súa imaxe reflexada na auga e  namorou da súa propia fermosura. Tan intenso foi aquel amor que votou raíces na beira e transformouse nunha flor do seu mesmo nome.

Quen padece de narcisismo acusa unha  introversión da personalidade, que se manifesta nun amor dirixido cara a un mesmo ou cara ao ideal dun mesmo. Tamén indica satisfacción dun mesmo, complacencia excesiva no valor ou nas obras propias.  

Ninfómana: As Ninfas eran deusas da natureza que poboaban mares, ríos, rocas,...As ninfas, mulleres dunha beleza  excepcional, representábanse a medio vestir ou desnudas. Eran fillas de Zeus e do Ceo. A chuvia que facía caer o deus, brotaba nas fontes e dáballes a vida. Atribuíaselles unha forza natural que presidía a reproducción e fecundidade da natureza, e que exercían mesturándose  coa humidade do aire, da auga e dos bosques. Eran como fadas que vivían despreocupadas fiando e cantando sobre as ondas e as árbores. Eran mortais pero vían moitos anos. Clasificábanse en: Océanidas, ninfas do océano; Nereidas, ninfas do mar (Mediterráneo); Náiades, ninfas dos ríos; Oréades, ninfas das montañas,... Este adxectivo aplícase na ciencia médica co significado de esaxeración patolóxica do apetito sexual na muller.  

  
Odisea: A Odisea é o segundo dos grandes poemas épicos de Homero. Relata en 24 libros as aventuras do heroe grego Ulises, un dos principais xefes helenos durante a Guerra de Troia. O poema comeza dez anos despois da caída de Troia e relata os avatares de Ulises de regreso a Ítaca. En alusión a ese gran poema, Odisea, indica una gran viaxe,  abondosa en aventuras, ou tamén o conxunto de feitos heroicos ou extravagantes realizados por un personaxe.

Pánico: É un término originado de Pan, dios de los pastos, bosques y rebaños. Es descrito como hijo de Hermes. Las obras de arte antiguas lo representaban con cuernos, barba y pies de cabra, cabellera hirsuta, nariz corva, orejas puntiagudas y rabo. A veces se aparecía a los viajeros sobrecogiéndolos de súbito pavor.
Se le llama
Pánico al pavor súbito multitudinario causado por algún hecho imprevisto.

Pigmalión: Rei de Chipre e reputado escultor, durante moito tempo dedicado ao celibato, enamorouse dunha estatua femenina, que el mismo creara. Un día, suplicoulle a Afrodita que lle dera unha muller que se parecera á súa obra. A deusa deu vida á estatua e Pigmalión puido desposar a Galatea, a quen, en certo modo, creara. Desta unión naceu Pafos, fundador da cidade chipriota que leva este nome,  onde construiron máis tarde un célebre santuario en honra de Afrodita.
O mito é o do artista namorado da súa creación á que sabe dar vida mediante o cicel, a pluma ou ben o pincel, inspirou a moitos artistas, escritores e escultores, principalmente a Ovidio, na súas Metamorfosis.
Varias obras musicales tomaron o tema de Pigmalión. Jean-Jacques Rousseau escribeu parte dunha ópera, Pygmalion, representada en París en 1775, e  Cherubini evocou a este escultor mítico nunha ópera que leva o seu nome e que se representó en París en 1804. Girodet, célebre pintor francés de principios do século XIX, pintou un cuadro titulado Pigmalión e Galatea. Medio século antes, o escultor Falconet tallara en mármol un grupo que representaba a Pigmalión ao da estatua que toma vida.
No século XX, George Bernard Shaw, célebre escritor inglés, creou a partir deste tema unha obra de teatro, escrita en Londres en 1912 e representada en París en 1923. Shaw, humorísticamente, tomou algunhas libertades co mito: a comedia, que é unha sátira social, representa a un preceptor que enseña a unha florista a pronunciar ben, é dicir, a pronunciación da clase alta. Ten tanto éxito que a alumna, ao transformarse, supera ao maestro. Vimos esta obra levada ao cine
en My Fair Lady, conocida en castellano como Mi bella dama (Argentina),  un musical.adaptación de Alan Jay Lerner e Frederick Loewe, cunha maravillosa interpretación de Audrey Hepburn e Rex Harrison O sentimento amoroso que une a ambos é moi ambiguo, xa que plantexa o problema do artista máis namorado da súa creación que da criatura.
Pigmalión, coma un gran número de personaxes dos grandes mitos, entrou na linguaxe da vida cotidiá, como Tántalo ou Narciso. Un Pigmalión é un artista namorado dunha criatura nacida da súa imaxinación ou dunha persoa que desexa moldear.

Pírric-o,-a: Deriva de Pirro, rei de Epiro. Foi elevado ao trono no 295 a. C. Participou na guerra contra Roma en apoio de Tarento. No 279 obtuvo unha costosa victoria en Ascoli; de  frase “victoria pírrica”. Despois de continuas guerras, foi derrotado polos romanos en Benavento (275 a.C.). Asesinado en Argos por unha muller, que deixou caer una tella sobre a súa cabeza.
Aplícase o términopírrico
cando despois de moito loitar o resultado  é estéril ou ben, consíguese unha victoria escasa.

Quimera: Emprégase este vocablo para designar un desvarío, un producto absurdo da imaxinación ou unha idea irrealizable. Como Cerbero e moitos monstruos, esta era o resultado da unión do monstruo Equidna e de Tifón. Tiña a cabeza de león ou cabra e a cola de dragón. Aterrorizaba ás xentes dos arredores, vomitando lume e devorando a todos os seres humanos que tiñan a desgracia de atopala. Teméndoa o rei de Licia pediu a Beleforonte que liberara o seu reino desa praga.Beleforonte, montado sobre Pegaso, atravesou a Quimera cunhas frechas de chumbo; co ardor das lapas que o monstruo emitía, o chumbo derreteu e así pereceu queimada.

Sibarita: Unha das máis importantes colonias gregas na Magna Grecia, Sýbaris (Σύβαρις) foi fundada hacia o ano 720 a. C. polos aqueos procedentes de Hélice (en Acaia) e de Trezena (na Argólida), nunha gran chaira pantanosa pero fértil. Logrou un certo esplendor, sendo famosos os seus habitantes, os sibaritas, pola súa dedicación ao luxo e á vida reposada. Este término quedou para designar ás persoas amantes de placeres exquisitos. A cidade llegou a ter 300.000 habitantes.

Comerciaba con Mileto e cos etruscos e de camiño foi tan rica, que pasou a ser lendaria. Os sibaritas foron coñecidos pola súa aversión ao traballo, e a súa molicie. Chegaron a prohibir que se estableceran ferreiros, nin calderieros, nin siquiera animais. Din que os nenos eran vestidos con traxes púrpuras e os  seus longos cabelos eran atados con cordas de ouro.

Ao pouco tempo fundouse Crotona cerca da primeira. Hacia o ano 510 a. C. a cidade entrou en guerra con Crotona, e Síbaris foi destruida. Incluso desviaron o río Crati (que rodeaba a ciudade xunto co Coscile) para asolagala e evitar que a cidade fora reconstruida.

O supervivintes intentaron refundala varias veces. Sen embargo hacia 444 a. C., co  apoio de Pericles, de Atenas, fundouse a cidade de Turios (Θούριοι, Thourioi) nas proximidades. Aníbal  destruiuna de novo no 204 a. C. por apoiar a Roma durante as Guerras Púnicas, para ser refundada co nome de Copiæ, no 194 a. C. aínda que pronto retomou o seu nome anterior. Esta última cidade existeu até a Idade Media.

Talón de Aquiles: Aquiles, fillo de Tetis e de Peleo, rei dos mirmidóns, foi o máis famoso dos heroes griegos da Ilíada. Dise que, por mergullalo a súa mai  na laguna Estixia, era invulnerable, excepto no talón, que servira para sostelo. Matou a Héctor no sitio de Troia, pero foi mortalmente ferido no talón por unha frecha envelenada lanzada por Paris. O nome de Aquiles chegou a ser en todas las linguas a personificación do valor.
O tendón de Aquiles,
en anatomía, é o ligamento que conecta os músculos do papo da perna co talón. Se aplica tamén esta expresión para dar a entender a vulnerabilidade física ou moral dunha persoa.

Titánico: Adxectivo derivado dos Titanes, fillos de Urano e Xea. Alzándose en rebeldía contra seu pai,  arrebatáronlle a hexemonía do ceo otorgándolla a Cronos. Este casou coa súa irmá Rea. Pero os fillos, acaudillados por Zeus, levantáronse en armas contra el e os outros Titanes. O campo de batalla foi Tesalia. Zeus saleu vencedor, botando as vencidos Titanes nas profundidades do Tártaro.
Na actualidade a expresión Titán é sinónimo de forte. A unha persoa chámaselle titán polas obras que emprende; ou ben fálase dunha obra titánica, cando esta supón grandes esforzos.

Vulcanizado: Orixinado a partir  de Vulcano, deus do lume, segundo a mitoloxía romana. Foi, pola súa coxeiera, o branco de todas as burlas do Olimpo. A súa mai, por xenreira, botouno do ceo. Viveu dende entón, durante nove anos, no fondo do océano coas deidades mariñas. Fixo moitas maravillas como a armadura de Aquiles.
A  vulcanización é o tratamento de diversas materias por acción do lume, coma un neumático.